Elena Vázquez Cendón nace en Ourense no ano 1966. É licenciada e doutora en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e, desde o ano 2017, decana da facultade de Matemáticas da USC. Elena compaxina a docencia coa investigación, na que destacan os seus estudos sobre os métodos numéricos en dinámica de fluídos, que teñen unha grande aplicación práctica, coma por exemplo no estudo das correntes das nosas rías ou na circulación do sangue. Ademais de todo este labor docente e investigador, é unha grande activista pola igualdade, forma parte de multitude de proxectos divulgativos e preside o Estalmat – Galicia, que ten por obxectivo estimular a rapazada no estudo das matemáticas e da ciencia. Elena é autora de máis de 65 artigos, mentora e directora de tese e investigadora principal de diversos proxectos de investigación.
Fixo contribucións significativas ás leis de balance hiperbólicas coa metodoloxía de volumes finitos. A súa técnica para descomposición de fluxos proporciona algoritmos altamente eficientes en dinámica de fluidos computacional. Destacan tamén os seus sus traballos en esquemas híbridos volumes finitos-elementos finitos.
As publcacións da súa investigación en Computers & Fluids (1994 y 2012) están consideradas traballos seminais no tema. Los ámbitos de aplicación son: o movemento da auga dos ríos, escalas de pescados, zonas costeiras –sendo as rías galegas a súa motivación–, estudios de inundacións , o fluxo do gas, o fluxo do sangue e o deseño industrial.
Entre las colaboracións internacionais destaca a establecida con Eleuterio Toro e Michael Dumbser da Università degli Studi di Trento.
Foi investigadora principal e participou en proxectos nacionais e internacionais. Liderou contratos co Centro Tecnolóxico do Mar e con Endesa Generación S. A. e participou en contratos coa Fundación Ciudad de la Energía e Reganosa.