Jane Goodall

Centro Educativo:
IES Campo de San Alberto

Principales hitos

O que fas marca a diferenza e tes que decidir que tipo de diferenza queres marcar.

Biografía de Jane Goodall

Jane Goodall, nada en Londres o 3 de abril de 1934.
É unha primatóloga, antropóloga, conservacionista e activista medioambiental recoñecida a nivel mundial.
Doutora en Etoloxía pola Universidade de Cambridge dende 1965, é considerada pioneira no estudo dos chimpancés salvaxes en Gombe, Tanzania. O seu traballo revolucionou a comprensión do comportamento animal. Pero tamén foi revolucionario o seu método de estudo e traballo, basándose nos seguintes pilares:
– Observación directa e a longo prazo dos chimpancés en liberdade.
– Relación próxima e individual: en vez de numerar os individuos como é habitual no método de traballo científico, doulle nomes e recoñeceu a súa personalidade individual.
– Inmersión no habitat, instalándose no Parque Nacional de Gombe (Tanzania) logrando un rexistro amplo e detallado de todo o comportamento social da especie.
Así, profundizou e estudou a forma de aprendizaxe social, o pensamento, a alimentación, a actividade e a cultura dos chimpancés salvaxes. Tamén, fixo a diferenciación cos bonobos, máis coñecidos como chimpancés pigmeos.
Dado que o chimpancé é actualmente a especie xeneticamente máis próxima ao Homo sapiens, os seus descubrimentos revolucionaron os coñecementos que se tiñan non só dos chimpancés, se non tamén do ser humano. Finalmente, os seus descubrimentos contribuíron a que, anos despois, os científicos reclasificaran os grandes simios, situando aos humanos, chimpancés, gorilas e orangutáns dentro da misma familia: Hominidae (homínidos).
Recibiu varios premios, entre eles o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica polo que significou o seu traballo.
En 1977, fundou o Instituto Jane Goodall, e en 1991 o programa xuvenil Roots & Shoots. Dende entón, adicou a súa vida á protección do medio ambiente e aos dereitos dos animais.