Kate Campbell Hurd-Mead

Centro Educativo:
IES Río Miño

Principales hitos

Nótase a man suave da muller doutora Trotula en cada páxina do seu tratado.

Biografía de Kate Campbell Hurd-Mead

Kate Campbell Hurd-Mead naceu o 6 de abril de 1867 en Canadá, e, faleceu o 1 de xaneiro de 1941 en Estados Unidos.
Kate foi a maior dos tres irmáns, filla do médico Edward Payson Hurd e por eso quixo estudar medicina, por respeto á carreira do seu pai como e seguindo o consello da doutora Mary Putnam Jacobi.
En 1870 a familia trasladouse a Newburyport, onde asistiu á escola pública.
Graduouse en medicina no ano 1888. Converteuse en pasante no New England Hospital for Women and Children en Boston, coa doutora Marie Elizabeth Zakrzewska. Realizou traballo posdoctoral en París, Estocolmo e Londres. Ao seu regreso a Estados Unidos en 1890 converteuse en directora médica da Bryn Mawr School. Alí instituíu o innovador programa da saúde preventiva da escola no que incluía a educación física e exames médicos periódicos para todos os nenos. Foi unha gran defensora dos novos modelos de hixiene materna e benestar infantil. En 1893 casouse con William Edward Mead, un profesor de inglés e mudaronse a Middletown, onde axudou a organizar a Asociación de enfermeiras do distrito de Middletown e foi vicepresidenta da Sociedade Médica Estatal durante un ano.
Kate defendeu a existencia real de Trotula, doutora siciliana da que algúns historiadores chegaron a dubidar de que fose unha muller e outros formularon a hipótese de que non era unha persoa real.
A médica Hurd-Mead faleceu á idade de 73 anos nun incendio forestal cerca da súa casa ao sufrir un infarto mentres intentaba axudar ao seu coidador, que tamén morreu no incendio.