Lise Meitner

Centro Educativo:
IES Campo de San Alberto

Principales hitos

A vida non ten que ser fácil con tal de que non esté baleira

Biografía de Lise Meitner

Lise Meitner naceu en Viena (Austria) no ano 1878, nunha época na que as mulleres tiñan moitas dificultades para estudar. Aínda así, conseguiu converterse nunha das primeiras mulleres doutoras en física. Máis tarde marchou a Berlín, onde traballou durante moitos anos con Otto Hahn, un químico alemán. Ao principio non tiña permiso para usar os laboratorios, só por ser muller, pero a súa paixón pola ciencia fixo que seguise adiante.

Meitner e Hahn investigaban o comportamento dos átomos, especialmente os que son radioactivos. En 1938, tivo que escapar de Alemaña porque era xudía e o réxime nazi empezaba a perseguir á xente da súa relixión. Refuxiouse en Suecia, onde continuou investigando en condicións moi sinxelas. Desde alí, mantivo contacto por carta con Hahn, que seguía en Alemaña. Cando Hahn lle contou uns resultados estraños co uranio, Meitner deu coa explicación correcta: o núcleo do átomo divídese en dous máis pequenos e libera moita enerxía. Isto é o que se coñece como fisión nuclear. Este descubrimento foi a base tanto da creación das centrais nucleares como das bombas atómicas. Aínda que Otto Hahn recibiu o Premio Nobel de Química en 1944 por este descubrimento, Lise Meitner non foi recoñecida, a pesar de que a súa achega foi fundamental.

Ao contrario que outros científicos da época, Meitner negouse a participar na fabricación da bomba atómica, porque pensaba que a ciencia debía servir para mellorar a vida das persoas, non para destruíla. Morreu en 1968, pero hoxe en día é lembrada como unha pioneira da física e un exemplo de integridade. Como homenaxe, un elemento químico da táboa periódica leva o seu nome: o meitnerio (Mt).