María Elena Vázquez Cendón

Centro Educativo:
Ies Antonio Fraguas

Principales hitos

"É moi importante aprender dos erros e como mulleres ter un espello no que mirarnos".

Biografía de María Elena Vázquez Cendón

María Elena Vázquez Cendón naceu en Ourense e dende moi nova amosou interese pola ciencia e pola investigación. Estudou a Licenciatura de Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela (USC), rematando no ano 1989. Fixo o doctorado na mesma universidade e presentou a súa tese doctoral no ano 1994, baixo a dirección de Alfredo Bermúdez de Castro. Dende entón, a súa traxectoria académica e profesional non parou, converténdose nunha referente non so na investigación, tamén na formación de novas xeracións de científicos e científicas.
Ao longo dos anos, Vázquez Cendón especializouse nos métodos numéricos aplicados a ecuacións diferenciais, unha area crucial para resolver problemas complicados en enxeñería, física e outras disciplinas aplicadas. O seu enfoque baseado nas leis do equilibrio hiperbólicas e a técnica de volumes finitos permitíronlle abordar e resolver situacións prácticas de gran importancia, como a simulación de fluxos en sistemas hidráulicos, o deseño industrial e aplicacións en biomedicina. A exactitude e o rigor das súas investigacións contribuíron a mellorar a comprensión e xestión de fenómenos naturais, impactando directamente en aspectos como a prevención de inundacións e a seguridade de infraestructuras.
Un dos logros máis destacados de Elena Vázquez é o seu liderazgo en proxectos de investigación e colaboración internacional. Traballou con Endesa Generación S.A. e tamén co Centro Tecnolóxico do Mar, desenvolvendo ferramentas e modelos computacionais avanzados. Entre as súas aportacións máis importantes está o software IBER, unha ferramenta utilizada para a simulación de fluxos que se converteu nun recurso de referencia a nivel mundial. Os traballos de Vázquez Cendón e o seu equipo tenden pontes entre o mundo académico e o industrial.
Asemade Elena é unha entusiasta comunicadora e defensora do papel da muller na ciencia, destacando como divulgadora das matemáticas a todos os niveis.
Dirixe o proxecto Estalmat-Galicia, cuxo propósito é detectar e fomentar o talento matemático entre os nenos e nenas.
Coordina o máster de Matemática Industrial, unha iniciativa que une a varias universidades de España e que se centra en formar profesionais capaces de resolver desafíos da industria actual.
Chama a atención en Elena a súa habilidade para ser modelo para outras mulleres que queren entrar en áreas que foron tradicionalmente dominadas por homes. Cando lle entregaron o Premio Maria-Josefa Wonenburger en 2022, Vázquez Cendón explicou o importante que era ter referentes femininos: "É moi importante aprender dos desafíos e, como mulleres contar cun espello no que reflexarnos". Positiva en grado superlativo, sempre insiste en que os obstáculos e dificultades deben verse como oportunidades.
Resumindo, Elena é unha figura exemplar que combina sólida formación académica con compromiso social. A súa traxectoria non so enriquece o panorama científico, senón que crea un legado de motivación para xeracións futuras.