María Soledad (Marisol) Soengas González, nacida en Agolada en 1968, é unha das
científicas galegas máis recoñecidas de ámbito internacional no campo da oncoloxía.
Licenciada en Bioloxía pola Universidade Autónoma de Madrid e doutora polo Centro
de Bioloxía Molecular do CSIC, especializouse no estudo do melanoma, un dos
cancros de pel máis agresivos.
Tras traballar en centros punteiros de Estados Unidos como o Laboratorio Cold
Spring Harbor e a Universidade de Michigan, regresou a España para dirixir o Grupo
de Melanoma no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO).
En 2017 o equipo que dirixe, logrou desenvolver uns modelos animais como ratos
bioluminiscentes que denominaron MetAlert porque son os primeiros que permitiron
visualizar as estradas de diseminación do tumor. Foi un feito único, nunca realizado
antes e que conta con numerosas implicacións. Foron recoñecidos como a
investigación biomédica do ano en 2017 pola revista científica Nature.
Está implicada en alentar as vocacións científicas entre as nenas e as mulleres, para
reducir a fenda de xénero e reverter os estereotipos de xénero existentes. Ademais é
fundadora, xunto a Ana Pastor, Ana Varela, Lola Galovart, Susana López- Abella,
Carolina Bouvard ou Marta Fernández Currás entre outras, do grupo "Mujeres
influentes de Galicia" para promocionar o talento invisibilizado das galegas. ,
O 13 de febreiro de 2024 anunciou que padecía un cancro de mama. Despois da
dureza do momento no que se lle dou a noticia, asumiu como responsabilidade
persoal de cara ós seus pacientes visibilizar como o afronta día a día.